Sen título (CE003407)

Sen título (CE003407)
Sen título (CE003407)
Comentario

Trisquel de raios en sentido dextrorso cunha moldura lisa arredor. A execución do motivo non é moi boa, sendo os raios totalmente desiguais en anchura.

Sen título (CE003405)

Sen título (CE003405)
Sen título (CE003405)
Comentario

Esvástica ou roda de raios curvos en sentido sinistroso. Está tan mutilada e erosionada que non é posible precisar cantos raios tería, posiblemente oito. Aprecianse restos dunha moldura lisa enmascarando o motivo principal.

Sen título (CE003403)

Sen título (CE003403)
Sen título (CE003403)
Comentario

Trátase dun paralelepípedo traballado nunha das súas caras estreitas. O motivo, de arriba a abaixo, consiste nun círculo cunha suave incisión, tamén circular, no interior; o resto da peza está verticalmente labrado en forma de toro liso.

Guerreiro de Armea

Guerreiro de Armea
Guerreiro de Armea
Comentario

Fragmento dunha estatua de guerreiro, da que só se conserva o torso, algo mutilado e cortado xusto por baixo do cinto.

Ten as características iconográficas de tódalas estatuas de guerreiros galaicos: figura ergueita cos brazos pegados ao corpo, aínda que o esquerdo está mutilado xusto por debaixo dos brazaletes; a man dereita, ao mesmo tempo que sostén unha espada de folla ancha e alongada, de tipo "parazolium" repousa no escudo. Leva unha coiraza, da que teñen desaparecido os bicos superiores; aínda que moi erosionada, vese unha liña vertical que corre polo centro do peito e, sobre todo, polas costas. A camisa remata nos brazos a media manga, por riba dos brazaletes ou "viria", que están formados por tres ou catro toros, segundo sexa o brazo esquerdo ou o dereito. O cinto está formado por dous baquetóns ou toros lisos paralelos, e non se manifestan restos de presillas de suxeición.

O escudo ou "caetra", redondo, está completamente liso, sen sinais de inscrición ou decoración e seu umbo destaca lixeiramente. Por detrás das costas non se sabe como remataría, pois na parte da cintura ten unha profunda abrasión.

Sen título (CE003392)

Sen título (CE003392)
Sen título (CE003392)
Comentario

Ara moi clásica, con capitel desenvolvido, con rolos e fóculo pouco profundo, circular, cun diámetro de 12 cm, sobre un taboleiro con frontón, dado, un listel e un baquetón en diminución. Inscrición en cinco liñas.

Sen título (CE003383)

Sen título (CE003383)
Sen título (CE003383)
Comentario

Puñal alabardado de base recta con dous buratos perforados irregulares de diferentes dimensións. Presenta un nervio central asimétrico e ten sección lenticular, aínda que máis convexa por unha das faces. A irregularidade das formas e a disposición dos buratos semella o reaproveitamento dunha folla de puñal. Estudios da composición da materia: 1995 mediante fluorescencia de raios X, no Instituto de Conservación e Restauración de Bienes Culturales, en Madrid, baixo o Programa de Arqueometalurgia de la Península Ibérica.

Sen título (CE003381)

Sen título (CE003381)
Sen título (CE003381)
Comentario

Machado bifacial de talón con dous aneis e nervio central. Talón de sección cuadrangular ancha con rebordos. Aneis de posición media. Folla de tendencia trapezoidal sen rebordos. O nervio é pouco destacado en sección. Está lixeiramente torcido segundo o eixo lonxitudinal da peza. Por unha das faces o nervio arranca do tope do talón cun trazado tortuoso, mentras que na outra, un posible defecto na base do tope do talón fai que o nervo arranque máis abaixo.

Sen título (CE003370)

Sen título (CE003370)
Sen título (CE003370)
Comentario

Ara en forma de prisma cudrangular traballado en todas as súas caras. A inscrición desenvólvese en dúas caras contiguas, na cara A en sete liñas, na B en catro e na cara superior, ao lado do fóculo, nunha liña. O fóculo está lixeiramente agrandado e o plinto repicado.

Sen título (CE003345)

Sen título (CE003345)
Sen título (CE003345)
Comentario

Aplique de caldeiro en forma de tau invertida, con tres orificios para os remaches e un máis grande para o enganche da asa, este está desgastado na parte superior polo rozamento da asa.

Sen título (CE003344)

Sen título (CE003344)
Sen título (CE003344)
Comentario

Aplique de sítula con figuración de rostro humán esquemático e trazos xeométrico: ollos e cellas acentuados con axuda dun punzón, un pronunciado nariz de forma triangular, unha boca apenas delineada cunha incisión e un peiteado representado a base de liñas incisas ben marcadas. Conserva os dous remaches suxeición.