Sen título (CE003589)
Punta de lanza ou puñal de base en lingüeta rectangular simple, sin rebordos, con dous buratos circulares perforados para fixar o encabamento mediante remaches, de sección lenticular. Baixo o binocular presenta sinais de abrasión transversais ó seu eixo lonxitudinal. A folla lanceolada presenta unha acusada nervadura central polas dúas faces, polo que a súa sección é romboidal. Os fíos son grosos e non están rebaixados, e a punta é roma. Polo grosor da punta e os fíos, a peza considérase máis unha punta de lanza que un puñal.
O recordo das xoias
Representa unha muller nova, atractiva e elegante, que se detén a contemplar, cunha expresión á vez nostálxica e introspectiva, o escaparate dunha xoiería. A figura aparece de perfil, nunha pose informal, sostendo un paraugas coa man esquerda mentres achega a dereita ao seu rostro. O cadro foi premiado cunha medalla de terceira clase na Exposición Nacional de 1901. O tema afástase da espectacularidade e o melodramatismo dominante nas últimas Exposicións Nacionais, reproducindo unha imaxe cotiá da vida urbana contemporánea, reflexo da nova burguesía emerxente, que resulta anovador e orixinal.
Parada revela un evidente interese por compor con intención narrativa os aspectos tomados da realidade e demostra a súa mestría e dominio técnico.Trata a pintura cunha pincelada áxil e cambiante, usando a mancha de diferentes empastes, unhas sen apenas materia e outras cargadas, grumos puntuais que tenden a reflectir as vibracións lumínicas e a reverberación das xoias e cristais sobre o fondo escuro. Utiliza unha paleta cunha ampla gama cromática, destacando como nota central da composición a blusa branca da muller pola súa intensa luminosidade, en contraste cos negros da saia, os cálidos vermellos do sombreiro e os verdes que, como marco da figura, constrúen o escaparate.
Xunto ao tema, o procedemento utilizado, a soltura e espontaneidade da súa linguaxe plástica, traducen novas aspiracións e tendencias que sinalan a evolución do seu estilo cara a unha fórmula máis internacional, asimiladora de principios estéticos tomados da pintura francesa e europea da fin de século.
O recordo das xoias é unha obra esencial na traxectoria artística do pintor, na que a incipiente inquedanza polos problemas de luz e ambiente que se albiscaban nas súas últimas realizacións fanse agora patentes, traslucindo uns afáns modernizadores que quedarían truncados pola súa prematura morte aos 31 anos, á penas uns meses logo da conclusión desta súa última grande e prometedora pintura.
Sen título (CE003569)
Anverso: Cabeza xuvenil de Augusto á dereita. Diante, AVGVSTV. Detrás, CAESAR.
Reverso: Dentro de láurea, en tres liñas, OB / CIVIS / SERVATOS.
Sen título (CE003563)
Machado bifacial de talón cun anel de posición media. A folla presenta un nervio central sen tope. Semella que a fundición foi defectuosa e a peza non foi ben rematada. O anel e outras zonas do talón presentan as rebabas. A cantidade de metal coado non foi abondo, polo que as aristas están pouco marcadas, o anel está incompleto e o talón sen rematar, con diversos rechupes.
Sen título (CE003562)
Machado plano de talón truncado, perfil trapezoide e lados cóncavos, con gume destacado. A sección é rectangular adelgazada no talón. Os lados están lixeiramente martelados cara adentro, constituíndo incipientes rebordos. É singular nesta peza o acabado decorativo na parte conservada da superficie.
Sen título (CE003558)
Anverso: [C CAESAR] AVG GERM P M TR POT COS
Cabeza diademada de Calígula á dereita.
Reverso: Cabeza radiada de Augusto á dereita entre dúas estrelas.
Sen título (CE003529)
Anverso: POSTVMVS AVG
Busto con helmo e coiraza de Póstumo á esquerda.
Reverso: VIC GERMP TR P V COS [...]
Emperador de pé á esquerda, levando globo na man dereita e lanza na esquerda; ao seu lado, Vitoria avanzando á esquerda, portando palma.
Sen título (CE003528)
Anverso: Cabeza de Roma con casco alado á dereita. Detrás, X partido e urna.
Reverso: Liberdade en cuádriga á dereita, con cetro e gorro. Debaixo, C. CASSI. No exergo, ROMA.
Sen título (CE003521)
Capitel exento con astrágalo resaltado. Presenta unha fila de follas, alternando unhas polilobuladas curtas con outras máis longas, ás que se sobrepoñen, ocultándoas en parte. Todas elas teñen marcado talo central e nervadura sinalada mediante incisións. Sobre cada unha das follas máis longas disponse unha pseudo-voluta ornada por dous rebaixes rectangulares. O ábaco, moldurado, ten os lados cóncavos. Os motivos decorativos, de grande plasticidade, destáncanse fortemente do bloque, creando intensos contrastes lumínicos.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Machado de talón bifacial con dous aneis e con dous nervos con tope. Talón de sección ancha cuadrada sen rebordos. Aneis estreitos de posición media/baixa. A folla presenta dous nervios marcados ate a súa metade, aínda que están constituídos por tres sucos e non destacan na sección. O tope está marcado por dous sucos transversais en ámbalas dúas faces. O eixo lonxitudinal da peza está lixeiramente torto e en xeral presenta manufactura tosca, a pesares do seu acabado regular. Os aneis están aplastados pero o seu diseño orixinal semella que xa non era moi regular.