Sen título (CE003648)
Machado plano de talón truncado, perfil trapezoidal, e lados cóncavos con gume destacado. A sección é rectangular adelgazada no talón.
Sen título (CE003633)
Peza co soporte de cartón duro; reverso de tecido de damasco, enmarcada por fita, no anverso figura o anagrama IHS coroado, distribuíndose ao redor un profusa ornamentación vexetal a base de roleos e tornapuntas simétricas, realizada en bordado plano de punto matizado silueteado por cordoncillos, acadando un efectivo contraste sobre o fondo grana.
Sen título (CE003630)
A morfoloxía xeral da peza é apuntada, triangular, con base recta e sección disimétrica. O corpo é de tendencia alongada. Os bordos son converxentes e recto-convexos. O retoque é de amplitude profunda, de posición bifacial, de delineación simple e modo plano e cubrinte. Presenta dúas fracturas recentes, que se aprecian nun dos vértices inferiores e no apéndice superior. Índices: IL: 2,12 (longa),IE. 3,42 (grosa)
Sen título (CE003629)
A morfoloxía xeral da peza é asimétrica e apuntada, con corpo triangular e base de pedúnculo trapezoidal con lados converxentes, a sección é convexo-cóncava e os entalles que se sitúan nunhas aletas non desenroladas, teñen tendencia recta. O corpo é de alongamento medio. O retoque é de amplitude profunda, posición bifacial, delineación denticulada composta e modo plano, marxinal e continuo. Os índices: IL. 1,72 (media), ILB. 3,80 (corta), IE. 3,14 (grosa).
Sen título (CE003628)
A morfoloxía xeral da peza é apuntada, triangular, con base cóncava e simple, de sección biconvexa, bordos converxentes e rectilíneos, e aletas con tendencia recta. O corpo é de alongamento medio. O retoque é de amplitude profunda, posición bifacial, delineación denticulada e composta, e modo plano e cubrinte. Índices: IL. 1,87 (media), IE. 7.17 (media).
Sen título (CE003627)
A morfoloxía xeral da peza é apuntada, triangular, con base cóncava e simple, de sección disimétrica, bordos converxentes e convexo-rectilíneos, e aletas oblicuas. O corpo é alongado e estreito. O retoque é de amplitude irregular con partes nas que é marxinal (base) e noutras profundo como é o caso dos laterais (fíos) medio e distal; a posición é bifacial; a delineación denticulada simple; e o modo plano, marxinal, continuo e invasor por ambas as dúas marxes das caras e da base. Índices: IL. 2,23; IE. 5,2 (Media). Presenta unha fractura recente nunha das aletas.
Sen título (CE003626)
Folla laminar que carece de retoque, conserva evidencias da percusión da base de extracción do núcleo, isto é, o bulbo e parte do plano de percusión nun dos seus extremos, e presenta o extremo distal fraccionado. A morfoloxía xeral é subrectangular, con sección trapezoidal, perfil convexo. Índice: 4.1 (folla estreita).
Sen título (CE003619)
Anverso: ANT. AVG. III VIR. R.P.C.
Galera pretoriana.
Reverso: LEG. V
Aguia lexionaria entre dúas insignias militares.
Sen título (CE003617)
Anverso: ANT. AV[G.] III VIR. R.P.C.
Galera pretoriana.
Reverso: LEG. III
Aguia lexionaria entre dúas insignias militares.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Machado bifacial de talón con dous aneis e un nervio sen tope. Folla e talón con rebordos laterais. Aneis de posición baixa.