📅 Xoves 22 de maio
🔹 16:00 h – Visita ao Castro de Castromao (Celanova)
🔹 18:00 h – Presentación da Guía de Patrimonio “Castromao” na Biblioteca do IES Celanova
🔹 16:00 h – Visita ao Castro de Castromao (Celanova)
🔹 18:00 h – Presentación da Guía de Patrimonio “Castromao” na Biblioteca do IES Celanova
Na conferencia "Idade Media no Val do Alto Támega: o exemplo do conxunto arqueolóxico da Ceada das Chás– Castelo de Lobarzán", abordáronse aspectos clave das ocupacións prehistóricas e medievais na rexión. Durante a prehistoria, destacouse unha vía de comunicación relevante, cerámicas tipo peña en gran cantidade, evidencias de fondos de cabana e pinturas rupestres con figuras antropomorfas.
📢 Aviso importante
Os días 15 e 22 de maio non se realizarán visitas guiadas por cuestións técnicas. Non obstante, a exposición permanecerá aberta ao público no seu horario habitual, de 9:00 h a 21:00 h.
Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.
A conferencia “O Castro do Coto do Mosteiro revisitado 40 anos despois”, impartida por Luis Orero Grandal, presentou unha revisión dos traballos iniciados en 1983. O castro, situado nas inmediacións do Carballiño, revelou unha complexa estrutura defensiva con murallas de aparello helicoidal, foxos escavados na rocha e restos de canalizacións. Destaca a presenza de máis de 400 fragmentos de moldes de fundición en barro, indicativos dunha produción especializada en obxectos metálicos de adorno persoal.
O poema Los Caneiros, composto por Sofía Casanova en 1912 tras asistir á romaría homónima celebrada en Betanzos, constitúe unha emotiva homenaxe á súa Galicia natal, á que regresaba despois dunha prolongada ausencia.
Este mes, o MAPOUR convídate a descubrir e gozar de novas propostas para coñecer o noso patrimonio.
Dúo formado por Sabela Bello e Benjamín Vázquez.
Entrada libre ata completar capacidade
📅Cando: Sábado 14 de xuño, as 12:30
📍Onde: Liceo de Ourense (Calle Valentín, Rúa Lamas Carvajal, 5, 32005 Ourense)
O luns 16 de xuño de 2025, na conferencia “Alén do Macizo Galaico: arqueoloxía galega no exterior”, David Fernández Abella abordou o papel de Galicia e España na arqueoloxía internacional. Mentres países como Francia consideran estratéxica a súa presenza arqueolóxica no exterior, España apenas mantén unha escola en Roma e só as universidades da Coruña e Vigo manteñen proxectos fóra das súas fronteiras. A UDC en Siria e Palestina, e a UVigo en Marrocos e Etiopía.