O retrato de Juan Manuel Paz Novoa foi pintado en 1868 en Santiago de Compostela xa que así asina e data o lenzo o autor, J. M. Salgado Rodríguez. É un retrato de busto, de pequenas dimensións e formato ovalado, algo habitual no arquetipo de retrato burgués galego do romanticismo, no que Paz é retratado á idade de vinte e nove anos coa medalla de catedrático sobre o peito.
Peza do mes
Esta actividade ten por obxectivo profundizar no coñecemento histórico, artístico e material dunha peza pertencente ás coleccións do Museo.
Edítase un folleto no que un especialista ou investigador da a coñecer a súa historia particular, o seu contexto histórico e as súas características formais e de estilo.
A peza permanece exposta todo o mes na “Sala San Francisco” e a presentación ó público ten lugar o segundo mércores de cada mes ás 20 h., con acceso gratuito.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- Páxina Seguinte
- Last page