Esta peza está formada por tres fragmentos de vasos campaniformes atopados na Portela da Moada, un monumento megalítico que formaría parte da necrópole de Veiga de Maus de Salas, (Muíños). O megálito foi dado a coñecer por Florentino López Cuevillas en 1927 na revista Nós e reescavado en 1972 por X. Ferro Couselo, ante a afección que o encoro de Salas ía supoñer para estas necrópoles, intervención na que apareceron os tres fragmentos.
Peza do mes
Esta actividade ten por obxectivo profundizar no coñecemento histórico, artístico e material dunha peza pertencente ás coleccións do Museo.
Edítase un folleto no que un especialista ou investigador da a coñecer a súa historia particular, o seu contexto histórico e as súas características formais e de estilo.
A peza permanece exposta todo o mes na “Sala San Francisco” e a presentación ó público ten lugar o segundo mércores de cada mes ás 20 h., con acceso gratuito.