NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do mes

 

Esta actividade ten por obxectivo profundizar no coñecemento histórico, artístico e material dunha peza pertencente ás coleccións do Museo.

Edítase un folleto no que un especialista ou investigador da a coñecer a súa historia particular, o seu contexto histórico e as súas características formais e de estilo.

A peza permanece exposta todo o mes na “Sala San Francisco” e a presentación ó público ten lugar o segundo mércores de cada mes ás 20 h., con acceso gratuito.

 

Xuño 2023
-
Belén Lorenzo Rumbao

Os dous debuxos que constitúen a presente peza do mes ingresaron nas coleccións do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en 2002 como depósito da Xunta de Galicia, mediante compra, tras a oferta dun particular, quen pola súa vez os adquiriu nun anticuario na cidade de Burgos. Son obra do artista lucense Xesús Rodríguez Corredoira de Castro (Lugo, 1889-Portela de Roxos, Santiago de Compostela, 1939), do que a maior parte da súa produción se conserva no Museo Provincial de Lugo.

Maio 2023
-
José María Eguileta Franco

O Outeiro de Cavaladre, lugar situado no val de Salas, acolle unha necrópole formada por catorce monumentos megalíticos.

No monumento, entre outros materiais, destacamos as once puntas de frecha que descubrimos durante a escavación. Nesta Peza do mes estudiamos as características deste destacado grupo de artefactos que formaba parte da ofrenda funeraria, ben como enxoval, ben como parte dunha ofrenda fundacional.

Abril 2023
-
Ana María Malingre Rodríguez

A fundición Malingre elaborou polo menos tres tipos de potes: os correntes como este, os boca-ancha e os chamados «potes Malingre». Tamén fabricou outros recipientes de cociña como marmitas, potas e tarteiras, ademais de filloeiras.

Marzo 2023
-
María del Pilar Núñez Sánchez

Debuxo realizado por Joaquín Araujo y Ruano no verán de 1887 nunha das viaxes máis proveitosas da súa carreira, que o levou por Astorga e boa parte de Galicia. En Vigo descubriu un dos motivos máis inspiradores para as súas obras: as mariscadoras da ría. Nos seus apuntamentos recolleu diferentes momentos do traballo destas mulleres, as suas roupas, utensilios e as pequenas embarcacións á beira do mar.

Febreiro 2023
-
María Martín-Seijo. Departamento de Ciencias Históricas. Universidade de Cantabria

O mango de coitelo do castro do Castelo de Laias (Cenlle, Ourense) remítenos á cultura material máis descoñecida da Idade do Ferro, aquela elaborada a partir de diversos tipos de materiais vexetais (madeira, cortiza, talos, follas, etc.). Esta cultura material de natureza efémera foi predominante no pasado, investigacións e achados recentes teñen permitido ampliar o noso coñecemento dela, e comezan a revelar a súa diversidade e os coñecementos técnicos e ambientais que atesoura.

Xaneiro 2023
-
Afonso Vázquez-Monxardín Fernández

O Museo conserva os seis volumes dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (ASEG) proveniente dos fondos da Comisión de Monumentos.

Decembro 2022
-
Xulio Rodríguez González

Con motivo das obras realizadas na estrada N-525, ao abeiro do coñecido como Plan de accesos a Galicia, levado a cabo na primeira metade da década dos anos 70 do século XX, que tiña por obxecto mellorar o trazado desta vía, tivo lugar o descubrimento desta peza, xunto cuns fragmentos de terra sigillata, nas proximidades da cidade de Ourense, á altura do lugar de Papón. Manuel Blanco Guerra, coñecedor do achado, deu conta deste no diario La Región, o 3 de xaneiro de 1974.

Novembro 2022
-
Vicente Rodríguez Gracia

A fotografía móstranos o río Miño no seu encadramento montañoso tomada desde a beira dereita preto do afloramento da Chavasqueira prope a capital. Obsérvanse pequenas charcas formadas na desembocadura das augas termais e un grupo de persoas que as aproveitan.

A data da fotografía pódese precisar no primeiro lustro dos anos 50 do pasado século, xa que a construción máis destacable no monte do fondo é o Seminario Maior (comezado a construír polo bispo Blanco Nájera en 1950 e rematado e inaugurado polo bispo Temiño Sáiz en 1953).

Outubro 2022
-
Belén Lorenzo Rumbao

A comezos dos anos setenta Álvaro Álvarez Blázquez, xunto co pintor Virxilio Fernández Cañedo, pon en marcha unha iniciativa pioneira e de grande interese: a produción de obra serigráfica a partir dos orixinais, realizados exclusivamente con esa finalidade, por un nutrido grupo de pintores galegos, como medio de popularización da súa obra a través de exposicións colectivas, así como a súa distribución e venda por medio de salas de arte, como en Ourense, por exemplo, Souto. As estampas vendíanse entre oitocentas e pouco máis de mil pesetas.

Setembro 2022
-
Adolfo Fernández Fernández, Alba Antía Rodríguez Nóvoa, Patricia Valle Abad

A peza que presentamos é un fragmento de fondo realizado coa técnica millefiori, parte da colección de vidros mosaico recollidos na Cibdá galaico-romana de Armea (Santa Mariña de Augas Santas, Allariz, Ourense). Dentro do rico conxunto de materiais mobles aparecidos no xacemento, destaca o grupo de obxectos fabricados en vidro, non soamente pola súa cantidade, senón tamén pola súa diversidade.

Xuño 2022
-
José María Eguileta Franco

A peza que presentamos é unha punta Palmela procedente das sondaxes realizadas no xacemento denominado “Illa de Pazos”. Este lugar do interior de Galicia, situado na parroquia de Barxés, termo municipal de Muíños e provincia de Ourense, recibe este curioso nome porque ocupa un outeiro ocasionalmente rodeado polas augas do encoro das Conchas, no río Limia, converténdoo nunha illa cando o nivel das augas acadan a cota máis elevada de inundación.

Maio 2022
-
Carlos Tejerizo-García, Mario Fernández Pereiro e Diego Torres Iglesias

A presente peza é unha fíbula realizada a partir dunha pequena placa de bronce que conta nas súas esquinas cuns remates en forma de bóla faltando, por rotura histórica, unha destas esquinas.